Bolsas de creación artística Novos Valores 2021

Actualizado 05/07/2021 00:00

museo de pontevedra

Rebeca Lar, coa peza ‘Sen Título (Sobre paseos e arrepentimentos)'; Adrián Solleiro con ‘Reflexión', Diego del Río con ‘Ras Al Hanout II' e Daniel Cerecedo con ‘Picasso y Richter (después de)', resultaron as persoas merecedoras das bolsas do certame Novos Valores na súa edición de 2021.

A calidade e a carga conceptual das tres creacións pictóricas e a escultórica fixeron que foran elixidas por unanimidade polo xurado, que estivo integrado por José Manuel Rey, director do Museo de Pontevedra; María Covadonga Barreiro Rodríguez-Moldes, profesora asociada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Itziar Ezquieta Lamas, artista plástica e profesora asociada da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra; Carmen Hermo Sánchez, artista e profesora asociada na Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Pilar Corredoira, historiadora de Arte Contemporánea e comisaria de exposicións; e Javier Pérez Buján, director artístico da Fundación Laxeiro.

As catro obras formarán parte da exposición que poderá visitarse entre o xoves 8 de xullo e o 12 de setembro no Edificio Sarmiento, xunto a outras dez pezas escollidas como as mellores das 29 presentadas.

Reflexión

‘Reflexión’, de Adrián Solleiro González


Sen título (sobre paseos e arrepentimentos

‘Sen título (sobre paseos e arrepentimentos’, de Rebeca Lar


Ras Al Hanout II

‘Ras Al Hanout II’, de Diego del Río Comesaña


Picasso y Richter (Después de)

‘Picasso y Richter (Después de)’, de Daniel Cerecedo Bretal

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra