Visitas guiadas

Actualizado 06/07/2021 00:00

museo de pontevedra

Durante os meses de verán intensificamos as visitas guiadas ás exposicións permanentes que albergan os edificios Sarmiento e Castelao e coas que pretendemos ofrecerlle ao público a oportunidade de achegarse ás nosas coleccións. O percorrido, duns 50 minutos de duración, inclúe explicacións sobre o Tesouro de Caldas, a Virxe Branca, a xeración doente, a louza de Sargadelos, os renovadores e Castelao.

Non é necesaria inscrición pero as prazas son limitadas en función dos protocolos sanitarios de cada momento.

HORARIO

  • De martes a venres ás 12:00 e ás 18:00 h
  • Domingos ás 12:00 h

VER VISITAS ÁS RUÍNAS DE SAN DOMINGOS

Virgen Blanca

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra