Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial

Actualizado 10/09/2021 00:00

museo de pontevedra

As I Xornadas sobre Museos e Educación Patrimonial nacen como unha iniciativa do Museo de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela a través da área de didáctica das Ciencias Sociais do Grupo de Investigación Roda.

Exposición Mulleres

As  xornadas pretenden converterse nun foro para a posta en común de diferentes experiencias que se están desenvolvendo tanto en Galicia como noutros lugares de España e Portugal, grazas á actividade que promoven equipos de educación e acción cultural dos museos, investigadores universitarios e persoas relacionadas coa educación patrimonial.

A inscrición nesta actividade, financiada pola Deputación de Pontevedra, é gratuíta e pódese realizar ata o 31 de outubro.

Toda a información sobre estas xornadas áchase en:

https://epatrimonial-museopontevedra.depo.gal/

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra