Relatorio arredor do libro Federico Fernández. Fotografías. Meu pai, o exiliado. Seu fillo, o fotógrafo

Actualizado 15/09/2021 00:00

museo de pontevedra

Na área de cristal do Edificio Castelao terá lugar este venres 17 de setembro, ás 19:30 h, un relatorio organizado polo Ateneo de Pontevedra arredor do libro Federico Fernández. Fotografías. Meu pai, o exiliado. Seu fillo, o fotógrafo, de Xurxo Martiz Crespo e Xosé Enrique Acuña, publicado pola editorial Fricción. O acto contará coa intervención de Farruco Sesto, Xurxo Martiz Crespo e Xosé Enrique Acuña.

Libro Ateneo

A entrada é libre con acceso limitado polas restricións Covid. As persoas que desexen asistir deberán inscribirse previamente no correo electrónico reservas.museo@depo.es

Ver máis información en PDF

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra