Alegacións a medida. Indumentaria do século XX

Actualizado 23/09/2021 00:00

museo de pontevedra

Ao longo de 10 sesións vaise celebrar no salón de actos do Edificio Castelao o curso Alegacións a medida. Indumentaria do século XX, impartido por Carolina Munáiz, no que se fai un percorrido social, económico e cultural a través da evolución da vestimenta e a súa estreita relación coa arte, a música e o cinema. Será todos os mércores, agás festivos, entre o 6 de outubro e o 15 de decembro, de 19 a 20:30 h.

A participación é gratuíta pero precísase inscribirse en:  reservas.museo@depo.gal

Alegacións a medida. Indumentaria do século XX

As sesións son de carácter teórico e estarán acompañadas da proxección de múltiple imaxes. Serán as seguintes:

Sesión 1. Final de século, final dunha vestimenta

Sesión 2. Comeza o século XX. A carreira vangardista

Sesión 3. Moda para a evasión

Sesión 4. Entroido en tempos duros

Sesión 5. Contenda e competencia

Sesión 6. Conservadurismo dourado

Sesión 7. A alta costura á rúa; a rúa á revolución

Sesión 8. Cambios de xénero, brillos e anarquía

Sesión 9. Materialismo en talla grande

Sesión 10. A antimoda pudorosa

Carolina Munáiz (Pontevedra, 1976) é profesora das asignaturas de Historia do século XX e Arte e Moda na Escola Superior de Deseño e Moda Formarte en A Coruña, faceta que compaxina, entre outras actividades, coa súa traxectoria pictórica.

Este curso, sobre a evolución da moda ao longo do século XX terá a súa continuidade a partir de febreiro noutro sobre as mulleres artistas.

 

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra