Gaiteiraos. Exposición

Actualizado 28/09/2021 00:00

museo de pontevedra

Un total de 35 debuxos de recoñecidas gaiteiras e gaiteiros de Galicia compoñen a exposición Gaiteiraos, coa que o seu autor, César Lombera, pretende reivindicalos como un exemplo sobranceiro do noso patrimonio inmaterial. A mostra poderá visitarse no claustro do edificio Sarmiento desde o 30 de setembro ata o 28 de novembro.

Gaiteraos

Avelino Cachafeiro, Ricardo Portela, Susana Seivane, Carlos Núñez, Cristina Pato, Os Trinta de Trives, o gaiteiro de Guillarei e os de Soutelo, son algunhas das persoas representadas nos gravados reunidos nesta mostra que abrirá ao público tralo acto de inauguración que terá lugar o xoves, día 30 de setembro, ás 20:00 h.

O capitel de Melide, unha peza do século XIV pertencente á colección deste museo, complementa esta proposta expositiva dado que representa nunha das súas faces unha escena musical que inclúe un laúde e unha gaita.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra