Día Mundial da Arquitectura 2021

Actualizado 29/09/2021 00:00

museo de pontevedra

Co gallo do Día Mundial da Arquitectura, que se celebra o luns 4 de outubro, convidamos ás nenas e nenos de 5 a 12 anos a participar nunha actividade que ten como obxectivo a reflexión común sobre o espazo doméstico e a súa importancia na calidade de vida das persoas. A través da mirada da cativada construiremos un gran collage sobre o concepto de casa, que permanecerá exposto desde o 5 ata o 12 de outubro, na primeira planta do edificio Castelao. 

As e os escolares que desexen sumarse a esta iniciativa deberán fotografar cun teléfono móbil a estancia ou recuncho do seu fogar onde máis lle guste estar e mandar a imaxe por correo electrónico a contacto@tallerabierto.info co día 1 de outubro como data límite de envío. Tamén poden remitir un pequeno texto explicativo das razóns da súa elección.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra