Defuntos. Percorrido

Actualizado 28/10/2021 00:00

museo de pontevedra

Como te ves, eu vinme, como me ves, ti veraste é o percorrido proposto polo departamento de Educación co gallo da celebración do mes de defuntos. As visitas, que celebraranse os martes 2, 16 e 30 de novembro, ás 18:00 h, afondarán en diferentes aspectos relacionados coa morte e os rituais que a rodean, desde os enterramentos do Neolítico ata os costumes do século XIX.

Partindo dun dos fenómenos máis característicos da prehistoria galega, como son os monumentos funerarios do megalitismo, o público terá a oportunidade tamén de coñecer a tradición dos enterramentos na época romana a través das estelas de Vilar de Sarria e a de Cornelio Cressimo, entre outras. A Idade Media e os cambios nas inhumacións con respecto a anterior etapa, con exemplos como o sepulcro de Suero Gómez de Soutomaior e as laudas gremiais; o se?ulo XIX, Goya e a Xeración Doente, completarán os contidos desta iniciativa.

Para participar nestes percorridos será necesario inscribirse con anterioridade debido a que a capacidade é limitada. As persoas interesadas en sumarse a esta acción deberán enviar un correo electrónico a reservas.museo@depo.gal

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra