X Encontro de Conservación e Restauración

Actualizado 03/11/2021 00:00

museo de pontevedra

Expertos a nivel nacional e internacional daranse cita os vindeiros días 25 e 26 de novembro no edificio Castelao para participar no X Encontro de Conservación e Restauración, organizado por este museo en colaboración coa Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

A ‘Xestión de riscos e emerxencias no patrimonio cultural’ será o tema que centrará esta edición das xornadas nas que exporase cal é o estado da cuestión en relación aos fenómenos, tanto de orixe natural como antrópico, que poden afectar ao patrimonio cultural e dos que temos exemplos recentes como o terremoto de Lorca en 2011, o incendio de Nôtre Dame en 2019 ou a erupción volcánica na illa da Palma.

Ademais, presentaranse algúns proxectos e solucións trazadas desde diferentes institucións que están a ser pioneiras á hora de implementar os seus plans de protección ante emerxencias.

Información e inscricións en https://encontrorestauracion.depo.gal

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra