Desde dentro do cadro. Das artes plásticas ao teatro

Actualizado 15/11/2021 00:00

museo de pontevedra

Xa está aberta a inscrición para asistir ao obradoiro Desde dentro do cadro. Das artes plásticas ao teatro, unha actividade multidisciplinar de observación e investigación artística e creación teatral dirixida a público adulto ou familias con nenas e nenos maiores de sete anos.  Será o 4 de decembro, de 10:30 a 13:00 h e de 17:00 a 19:30 h, no edificio Castelao.

As persoas participantes nesta proposta, deseñada e coordinada por Nadir Peressini, realizarán unha viaxe desde un cadro da nosa colección a unha obra teatral creada e interpretada por eles mesmos, axudados por un experto e as novas tecnoloxías. Trátase dun camiño de observación, investigación e creación a través do que a arte exhibida nas paredes cobra vida.

Número de participantes:

Máximo 20

Inscrición:

A participación é gratuíta pero é preciso inscribirse a través do correo electrónico educacion.museo@depo.gal

Aconséllase vir preparado con roupa cómoda e algún dispositivo electrónico como tablet ou teléfono móbil.

Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra