Tipograficamente Castelao. Obradoiro

Actualizado 14/01/2022 00:00

museo de pontevedra

O edificio Castelao acollerá o sábado 22 o obradoiro Tipograficamente Castelao, unha actividade dirixida ao público adulto e nenas e nenos de máis de 12 anos, que terán a oportunidade de iniciarse na técnica da impresión con tipos móbiles empregando materiais da época, como prensa tipográfica, letras de chumbo e madeira, tintas, etc. O taller celebrarase de 11:30 a 13:30 horas e as persoas participantes elaborarán composicións, fanzines e impresións realizando unha reinterpretación creativa dos textos e imaxes contidos no Diario de 1921 de Castelao, traballando a maquetación, a cor, o formato e as verbas, entre outros elementos.

Dado que a capacidade é limitade será necesario anotarse previamente enviando un correo electrónico a educacion.museo@depo.gal. As prazas outorgaranse por rigorosa orde de inscrición.

Tipograficamente Castelao
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra