Presentación de Esenciais. Publicacións
Actualizado 26/04/2022 00:00 museo de pontevedra ![]() Ofrecer un relato amable e accesible a todos os públicos das obras e artistas fundamentais da colección deste museo é o obxectivo da nova serie de publicacións de carácter divulgativo "Esenciais" que presentouse este martes no edificio Castelao. O primeiro volume está dedicado a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o único artista que conta con dúas salas expositivas monográficas nesta institución. A obra, editada polo departamento de Publicacións e elaborada polo coordinador de Difusión e Contidos Divulgativos, José Manuel Castaño, percorre a produción deste persoeiro emblemático reunida ao longo dos anos por esta entidade que contribuíu a crear, algunhas achegadas polo propio artista xa en 1931. Ao longo de doce capítulos, así como tres anexos con datos sobre como se reuniu a colección, unha breve biografía e bibliografía, e planos das salas coa situación das obras, preténdese ofrecer unha visión coherente da obra exposta de Castelao nunha guía a cor, sinxela, manexable e atractiva. Aínda que editada inicialmente en galego, xa se está a traballar na súa versión en castelán coa intención de acadar unha maior difusión. O prezo de venta é de 10 euros e pódese mercar na recepción do edificio que leva o seu nome. Durante a presentación adiantouse que o seguinte número de "Esenciais" estará centrada nunha peza arqueolóxica de gran valor histórico como é o Tesouro de Caldas. |
|
© Copyright 2004 - 2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. Pasantería, 2-12 - 36002 Pontevedra ES - Teléfono: +34 986 80 41 00 arriba | inicio | contactar | aviso legal |