Certame de artes plásticas Novos Valores 2022
Actualizado 03/05/2022 00:00 museo de pontevedra ![]() O certame de artes plásticas Novos Valores pretende ser un recoñecemento da Deputación de Pontevedra, a través deste museo, a destacadas obras orixinais e inéditas realizadas por artistas noveis nas modalidades de pintura, escultura, debuxo, deseño, gravado, fotografía, cerámica e vídeo creación, entre outras. Os premios consisten na adxudicación, entre as obras seleccionadas, de catro bolsas, cada unha por un importe de 7.500 euros brutos destinados a que as autoras e autores amplíen os seus estudos artísticos. As bases completas do certame están publicadas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) e pódense consultar aquí: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/05/02/2022031069 As persoas interesadas en participar deben inscribirse a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra https://sede.depo.gal . O xurado seleccionará un máximo de 25 propostas que integrarán a exposición Novos Valores 2022, aberta ao público no edificio Castelao desde o 7 de xullo ata o 12 de setembro. |
|
© Copyright 2004 - 2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. Pasantería, 2-12 - 36002 Pontevedra ES - Teléfono: +34 986 80 41 00 arriba | inicio | contactar | aviso legal |