Obradoiros de Verán 2022
Actualizado 20/06/2022 00:00 museo de pontevedra OBRADOIROS DE VERÁN 2022 Do 20 ao 27 de xuño estará aberto o prazo de inscrición para os obradoiros de verán do Museo cunha proposta renovada de actividades para nenas e nenos entre 6 e 12 anos. O Club dos Pinceis, Arte Rupestre, Pintura Contemporánea e Obxectivo Galicia, serán os catro obradoiros que nesta ocasión terá a oportunidade de explorar a cativada. Inscrición: Farase a través da dirección de correo electrónico reservas.museo@depo.gal. En cada correo só poderá inscribirse un ou unha participante. Adxudicarase un obradoiro por nena ou neno por estrita orde de inscrición. No caso de que o obradoiro desexado xa estivese cuberto ou quedasen prazas vacantes noutros, poderase indicar na solicitude os outros obradoiros nos que se queira participar, poñéndoos por orde de preferencia. OBRADOIROS O club dos pinceis Imparte: Leucoíña Pasea As e os participantes experimentarán con diferentes formas de expresión plástica e coñecerán algunhas das mulleres artistas da nosa colección. Número de participantes: 15 Duración: 4 sesións (4 días) en horario de 11h a 13 h Do 5 ao 8 de xullo Nenos/as de 6 a 9 anos Do 12 ao 15 de xullo Nenos/as de 10 a 12 anos Arte rupestre Imparte: Galipat Con este obradoiro internarémonos no fabuloso mundo da arte rupestre. Número de participantes: 15 Duración: 4 sesións (4 días) en horario de 11.30h a 13 h Datas: do 19 ao 22 de xullo Nenos/as de 6 a 9 anos Datas: do 26 ao 29 de xullo Nenos/as de 10 a 12 anos Pintura contemporánea Imparte: Lúa Gándara Obradoiro infantil de arte contemporánea no que partindo da obra de Maruja Mallo, Maria Antonia Dans, Almudena Fernández e Tatiana Medal exploraremos diferentes conceptos plásticos e conceptuais da pintura contemporánea. Número de participantes: 15 Duración: 4 sesións (4 días) en horario de 11h a 13 h Do 2 ao 5 de agosto Nenos/as de 6 a 9 anos Do 9 ao 12 de agosto Nenos/as de 10 a 12 anos Obxectivo Galicia Imparte: departamento de Educación do Museo de Pontevedra En relación coa exposición de fotografía de Ruth Matilda Anderson, que terá lugar do 4 de agosto ao 23 de outubro, a cativada coñecerá diferentes elementos da cultura galega como a vestimenta ou a artesanía. Número de participantes:15 Duración: 4 sesións (4 días) en horario de 11h a 13 h Do 16 ao 19 de agosto Nenos/as de 6 a 9 anos Do 23 ao 26 de agosto Nenos/as de 10 a 12 anos |
|
© Copyright 2004 - 2013, Deputación de Pontevedra. Reservados todos os dereitos. Pasantería, 2-12 - 36002 Pontevedra ES - Teléfono: +34 986 80 41 00 arriba | inicio | contactar | aviso legal |