Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Caricaturista, debuxante, pintor, gravador, ilustrador, escenógrafo, novelista, etnógrafo, autor teatral, ensaísta, político... todas e cada unha das facetas deste home, imprescindible na historia de Galicia, están representadas no Museo de Pontevedra. A colección Castelao foi iniciada polo propio artista en 1931 co depósito de once das súas obras que posteriormente seríanlle adquiridas en 1964 á súa xa viúva Virgina Pereira, quen, á súa morte, legou pola súa banda un gran numero de orixinais da súa propiedade. Ao longo de anos, novas doazóns, depósitos e compras ampliaron a colección. A última das incorporacións importantes a esta foron seis máscaras utilizadas na primeira representación de Os vellos non deben de namorarse.

Todas aquelas obras destacadas en negra no texto pertencen á actual colección do museo, quer en propiedade, quer, as menos, en calidade de depósito. Do mesmo xeito, na biblioteca da institución pódense consultar todos os seus libros e a gran maioría dos números de prensa nos que publica.

99000100.01.jpg
Castelao fotografiado por Pintos. 1931
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra