O primeiro exemplar da nosa revista El Museo de Pontevedra, de periodicidade anual, saíu do prelo en 1942.

As primeiras entregas realizábanse en fascículos que logo se encadernaban formando un só volume anual. Dende entón veuse editando con regularidade variable, dependendo das contrariedades do momento histórico ou económico que atravesase a institución.

A temática de El Museo de Pontevedra é miscelánea, sempre relacionada coas humanidades: arqueoloxía, historia, arte, antropoloxía, literatura, biografía, bibliografía, museografía, arquivística, etc., fundamentalmente con relación a Galicia en xeral e Pontevedra en particular, sen faltar alusións a outras zonas xeográficas.

Tocante ás características físicas, a partir do número LIV (2000), a revista cambiou o seu formato co fin de modernizala e facela máis lexible e atractiva externamente, darlles máis cabida ás ilustracións (inclúense xa algunhas en cor) e mellorar a presentación dos textos. Así pasou do tradicional tamaño 21 x 16 cm ó actual 28 x 21 cm.

09010000.01.jpg 09010000.02.jpg 09010000.03.jpg
Cubertas dos números I, XLVIII e LIV da revista El Museo de Pontevedra
Deputación de Pontevedra Museo de Pontevedra